Recursos

Events happening in the community are now at Drupal community events on www.drupal.org.
You are viewing a wiki page. You are welcome to join the group and then edit it. Be bold!

Temos recursos dabondo, dispoñibles na rede e gratuitos, para axudarnos coa laboura de traducir dende a lingua nai do desenvolvedor á nosa lingua. Este é unha análisise viva dos programas xestores de cadeas de traducción e das ferramentas en liña (glosarios e diccionarios).

Xestores de cadeas para traducir

Para traducir as cadeas de texto do Drupal, pódese ir pola interfaz de administración ó módulo locale, pero esta é unha solución temporal e pode se-la máis rápida e sinxela para poucos textos. Pero cando manexamos traduccións con grandes cantidades de cadeas de texto, precísase un xestor de traducción.

Hai varios para as distintas plataformas operativas. Eiquí recomendamos algúns:

Ferramentas en liña de axuda á traducción

Recursos que temos na Rede para consultar en liña:

  • Glosario de termos informáticos (wiki mancomun.org): Será a nosa base para as traduccións. Céntrase no eido informático, que é o do Drupal ó seren unha aplicación informática. A maioría dos termos estarán coa súa correspondencia inglés-galego neste glosario.
  • Diccionario inglés-galego do CLUVI: Neste diccionario temos preto de 7000 entradas traducidas directamente dende a lingua inglesa á lingua galega, perfectamente detallada con variantes e indicando as fontes filolóxicas.
  • Diccionario da Real Academia Galega: Este diccionario é básico para calquera galego-falante. Axúdanos a ter claras as definicións das verbas que traducimos. Non dubides en consultalo.
  • Tesouro Informatizado da Lingua Galega: Ferramenta que nos permite atopar contextos relacionados con lemas ou verbas e observa-lo seu uso ó longo do tempo. Encaixa un termo lingüistico en textos que nos fornecen a semántica do propio termo.

Galiza Drupal Group

Group organizers

Group categories

Etiquetas

Group notifications

This group offers an RSS feed. Or subscribe to these personalized, sitewide feeds: