1er Drupal & Viño en Vigo

Events happening in the community are now at Drupal community events on www.drupal.org.
xacobe's picture
Start: 
2011-09-03 19:00 Europe/Madrid
Organizers: 
Event type: 
User group meeting

Fecha hora e lugar

Día: Sábado 3 de setembro as 19:00
Lugar: Na porta da Concatedral La colegiata , no Casco Vello. Logo iremos a un bar o lado (pódese ver dende a porta de Igrexa) chamado "A colegiala" Ver mapa

Os D'n'V son reunions informais onde profesionais, afeccionados e curiosos falan do seu CMS favorito. É Tamén unha oportunidade para facer "networking" con outros drupaleiros.

Algún dos temas a falar:

  • DrupalCamp en sevilla
  • Presentar unha candidatura para facer unha DrupalCamp en Galicia.
  • Preparar actividades para o ano que ven.
  • e como non... ¿Drupal 6 o 7? que versión usar
  • As próximas Noites Drupal
  • [o teu tema aquí]
  • ...

ACTULIZADO: A hora serán as 19:00 en "La colegiala" un bar ao lado da igrexa do Caso Vello.

PD: Se non gustas do viño podes optar por outros "mejunjes" alcohólicos ou non-alcohólicos.
2PD: Usuarios de Joomla e WP serán benvidos e posteriormente reconvertidos.

Un saúdo e nos vemos o sábado

Xacobe.

Comments

Xacobe, coincide con la

vantivati's picture

Xacobe, coincide con la Laconnetwork!! No!!!

¿sabes quien se ha apuntado?

Está fresquito así que

xacobe's picture

Está fresquito así que todavía nadie, pero contamos con vosotros ¿no?.

No había caído que cuadraba con la LaconNetwork, como tocaba en A Coruña no lo tenía en mente

El que sea la primera DnV es un buen motivo para decantarse, además de la intención de tratar algunos temas importantes: DrupalCamp en Galicia y actividades en Vigo.

En caso de que veamos que más gente le cuadra mal se podría aplazar, no sé, veamos que dice la gente.
En principio tampoco somos tantos, aunque siempre puede haber sorpresas.

No sé si el sábado sería mejor fecha ¿? A mi personalmente me da. Lo único que tampoco hay mucho margen de tiempo y habría que decidirse pronto, digo yo, antes del lunes.

Vou

Gallaecio's picture

Xa o deixara caer, pero mellor dicilo aquí para que logo se me poida botar en cara se falto ;)

DnV

mbouzada's picture

a min dáme igual, mais é probábel que a xente lle acaia mellor un sábado, aínda que estando aínda en datas de vacacións pode que non sexa tan importante.

Como sitio... o que estamos a frecuentar nas xuntanzas de Galpon podería ser bor lugar
http://openrouteservice.org/index.php?start=-8.7130697,42.2285674&end=-8...
terraza, wifi, non difícil para aparcar...

Tal vez sexa mellor o sábado,

xacobe's picture

Tal vez sexa mellor o sábado, así contamos coa presenza de Vantivati e Santi.

O lugar proposto por Bouzada paréceme perfecto. Wifi, terraza... ok

Decir que coa imaxe da cunca de viño tiña na cabeza unha taberna o algo así, quizáis polo Casco Vello, pero non coñezo ningunha :(

Se os parece esperamos ata o luns a ver que din o resto da xente e xa confirmamos lugar e fecha.

@Gallaecio: agóra se faltas nin borrando o post te salvas :) -> http://imagepaste.nullnetwork.net/viewimage.php?id=2377

Un saúdo

Enxebre total

caligari's picture

Para min o venres vai ben. O sitio, polo de ser enxebre como esa fantástica taza, no Casco Vello mellor (sei dun ó lado da Concatedral pero non lembro o nome, a ver se hoxe vou por alí e informo TPCP).

Non esquezades de anotarvos ó evento (botón "Sign Up" nesta páxina do grupo).

Caligari, creo que se chama a

vantivati's picture

Caligari, creo que se chama a colegiala, que poñen tostas.Tamén hai outro enfrente!! :-)

Pois eu...

apermuy's picture

Ola!

Eu prefería o venres, pero a verdade e que aínda non sei se poderei asistir. Unhas notas:

.- Drupalcamp : A comunidade O Zulo estará presente na Drupalcamp de Sevilla(@apermuy e @jcartelle) (xa estivemos en BCN'10). A ver nos xuntamos unha galegotropa!
.- Candidatura DrupalCamp: boa idea!
.- Actividades: III Noite Drupal, será en Ordes en Decembro na casa de "Inestable", e a IV Noite Drupal temos compromiso de organizala en A Coruña para Febreiro/Marzo de 2012.

Saúdos!

Ía anunciar que non vou ir…

Gallaecio's picture

…porque vou ter as tardes de luns a venres ocupadas por uns meses, pero se cambiou para o sábado non teño excusa :)

Pois parece que a maioría

xacobe's picture

Pois parece que a maioría prefire o sábado, polo que creo que xa podemos fixar a fecha.

@apermuy ¿podrás vir o sábado? estaría estupendo ter representación dalguén da comunidade o Zulo, para falar das próximas Noites Drupal e a DrupalCamp Galiza 201X entre outras cousas. Se queremos organizar unha DrupaCamp todas as organizacións (grupos, comunidades) con experiencia serán decisivas, e canto antes empecemos a preparar a candidatura mellor.

Sobre o lugar. Gústame a idea de ir o Casco Vello, a "La Colegiala" por exemplo. Se o lugar ten barriles por mesas e cuncas en vez de fino cristal aínda mellor, por iso do "branding".

Sería estupendo poder contar cos traductores e administradores do grupo de traducción. Xa teño falado con alguén disto, e vin un par de post onde se fala sobre o tema e esta sería unha oportunidade de compartir puntos de vista. Vexo que xa hai algúns.

@scb, @xavier.alvarez, @GaliciaDigital, etc ... ¿o animades?

Creo que podemos esperar ata o mércores para definir o lugar da xuntanza. En caso de non haber máis propostas ou obxeccións sería en "La Colegiala"

¿os parece ben?

--
Xacobe.

E onde dis que queda "La

Gallaecio's picture

E onde dis que queda "La Colegiala"? Podes dar mapa ou enderezo?

Xa está actualizado. Estiven

xacobe's picture

Xa está actualizado. Estiven o outro día por alí e ten boa pinta.

O local chámese "La Colegiala" e ao lado da Igrexa no Casco Vello

Mapa

Un saludo

??

mbouzada's picture

Non será «La colegiaTa» ??

Iso xa me ten máis sentido:

Gallaecio's picture

Iso xa me ten máis sentido: http://maps.google.com/maps/place?cid=2978215922581242594&q=la+colegiata...

Haberá que engadila a OpenStreetMap.

A igrexa (Concatedral) si :),

xacobe's picture

A igrexa (Concatedral) si :), pero o local "creo" que é «A colegiala», tampouco estou seguro. Según decia o home que alí estaba, levan pouco tempo aberto, antes era de outra xente, polo que quizais cambiaron o nome.

Pero para evitar confusións, mellor quedamos na porta de Igrexa, que o local está o lado.

Saúdos

Dois tugas para o encontro

vcardoso's picture

Olá a todos.
A vossa ideia está impecável e gostávamos de nos juntar a vós (eu e a Cláudia). Não podemos ficar até muito tarde porque temos um compromisso no Domingo.
Vê-mo-nos então Sábado! (fico atento para saber quando o local e a hora ficarem definidos)

1 abraço!

Creo que hai dous locales ó

vantivati's picture

Creo que hai dous locales ó caron. Un chámase a colegiala e o otro a colegiata (como a igrexa) :-)

Resumen Drupal & Viño

xacobe's picture

Gracias a todos, foi un rato entretido e tamén de proveito, pois sacamos algunhas ideas e logramos compromisos para outras. Especialmente agradecidos a Victor e Claudia, que viron dende a outra beira do Miño, e nos falaron un pouco da DrupalCon en Londres, e sobre a súa participación na DrupalCamp en Lisboa.

Resumen do falado:

Traducións. Seguindo o post que se abriu neste grupo, falamos das traducións.

Todos estamos de acordo de que para poder promocionar o uso de Drupal debemos contar con unha tradución completa e válida.
Miguel Bouzada (Proxecto Trasno) confirmou a seu compromiso para levar a cabo as traducións. Cabe destacar o traballo que fan dende o Proxecto Trasno nas traducións ao galego, dende Ubuntu ao Chrome. Todas elas traducións actualizadas e completas.
Penso que sería unha mágoa non aproveitar tal ofrecemento, pois a ventaxas son claras: un core (e probablemente outros módulos) 100% traducidos; consistencia na traducións; e toda a súa experiencia en localización de software aberto.

Isto non significaría que a xente non poida colaborar nas traducións dende localize.drupal.org.

O único que piden para poder empezar a traballar e ter os permisos, al menos, para publicar sen necesidade de ser aprovados e poder organizar os equipos de traducións. Falaremos con Sergio (scb) para ver como podemos facer.

Páxina do Proxecto Trasno -> http://www.trasno.net/

Candidatura para unha DrupalCamp Spain en Galicia

A idea e propoñer a candidatura para Galicia. Para decidir o lugar, xuntar voluntarios, organizarnos e demais montaremos un OpenAtrium (público) cando abran as inscricións.

Xa podemos contar co compromiso e colaboración dos presentes: Santi e Vivanti (Convierte web), Mbouzada e Gallaecio (Galpon e Proxecto Trasno), máis eu.

Na páxina da Asociación Drupal Española aínda non ten información. Supoño que esperarán a terminar a DC en Sevilla, polo que quizais mellor esperar a ver como fan este ano. O pasado creo que houbo dúas candidaturas.

Actividades para este ano

Imos a organizar, en principio cada dous meses, unhas charlas-cursos sobre Drupal. A primeira sesión será de introdución a Drupal 7 a mediados de outubro. Xa iremos informando.

E máis nada, un saúdo.

--
Xacobe

www.xacobe.net

Galiza Drupal Group

Group organizers

Group categories

Etiquetas

Group notifications

This group offers an RSS feed. Or subscribe to these personalized, sitewide feeds: