Drupalcamp Spain 2012 - Preparando a candidatura galega

Events happening in the community are now at Drupal community events on www.drupal.org.
xacobe's picture

A asociación española abriu o periodo para presentar as candidaturas para a Drupalcamp Spain 2012. O praxo está aberto ata o 15 de enero do 2012.

A DrupalCamp Spain é un dos acontecementos que xunta máis xente en España é sería moi útil de cara a promocionar Drupal no noso territorio

Na xuntanza que fixemos hai un par de meses en Vigo se falou de presentar unha candidatura para poder celebrar este evento en Galicia. A idea sería facer unha primeira selección entre as cidades galegas que queran acoller o evento, para logo xuntar forzas entre todos.

Deberíamos ter escollida a cidade a primeiros de decembro, para ter así un mes e medio para preparar a candidatura final.

As condicions e requisitos están na páxina da Asociación Española de Drupal.

Penso que é fundamental que organizacións coma Galpon o O Zulo , con experiencia na organización de eventos, participen e se involucren.

Se fose necesario me encargaria de montar un "Atrium" -Xestor de proxectos- para irnos organizando.

Espero os vosos comentarios.

Un saúdo!

Xacobe M. Arostegui
www.xacobe.net

Comments

Drupalcamp Spain 2012 - Preparando a candidatura galega

apermuy's picture

Bo día.

Penso que é unha boa idea a de preparar unha candidatura galega para a DrupalCamp, pero a verdade é que non o vexo viable polo menos ata dentro dun par de anos.

1.- Comunidade: A comunidade galega de Drupal é moi nova e está dispersa, é dicir, temos iniciativas como a Noite Drupal e algunha reunións esporádica coma as de Vigo, pero non (eu, a título persoal) non vexo un grupo de xente "involucrada" para poder organizar con garantías o evento.
2.- Dimensión: Unha DrupalCamp é un evento que necesita polo menos ter un grupo "organizado" e "coordinado" a varios nivéis: administrativo("papeleo e pagamentos"), comercial("patrocinadores") e técnico("xa sabedes do que falo"). Asistín ás dúas Camps de Barcelona no 2010 e Sevilla no 2011, sei do que falo. Non o vexo moi claro.
3.- Comunidade v2: ¿Non sería mellor ser máis modestos e organizar un evento a nivel galego ?

Saúdos.

Buenos días a todos, Hombre

vantivati's picture

Buenos días a todos,

Hombre quizás podríamos probar presentando una candidatura este año, simplemente para ir cogiendo tablas (yo también lo veo complicado) y animarnos paralelamente a reunir a todos los drupaleros gallegos para el 2012. ¿qué os parece?

Sauidiños!!

Bo día A idea non estaría

vavi's picture

Bo día
A idea non estaría mal, pero non a vexo viable para 2012, en sintonia con Apermuy. Penso que o camiño para presentar candidatura pasa por facer encontros Drupal en Galicia, tipo Noite Drupal (ou con outro formato), co obxetivo de crear unha comunidade forte en Galicia e partir de aí estudar si é posible ou non crear un equipo de traballo.

O poderíamos debatir en profundidade na seguinte NoiteDrupal en Ordes.
Saúdos.

Bo día A idea non estaría

vavi's picture

Bo día
A idea non estaría mal, pero non a vexo viable para 2012, en sintonia con Apermuy. Penso que o camiño para presentar candidatura pasa por facer encontros Drupal en Galicia, tipo Noite Drupal (ou con outro formato), co obxetivo de crear unha comunidade forte en Galicia e partir de aí estudar si é posible ou non crear un equipo de traballo.

O poderíamos debatir en profundidade na seguinte NoiteDrupal en Ordes.
Saúdos.

meu gozo nun pozo

xacobe's picture

Os puntos que fai Apermuy son bastantes atinados. É certo de que sería compricado. Que eu saiba, a xente de Madrid xa ten a súa candidatura ben preparada é solida dende o ano pasado, que finalmente levou Sevilla, e penso que a levarán eles (tamén o pensaba o pasado ano)

Eu non estiven en Sevill, e non podo opinar, pero vin algunhas críticas sobre a organización e a preparación. Sen ir máis lonxe o cambio de fecha que fixeron. Supoño que algo se aprenderá sobre isto, é que a asociación, como responsable da organización das drupalcamps estará máis presente na organización e botando man coa experiencia acumulada.

A que se fixo en Barcelona estivo moi ben, se ben e certo que é alí teñen un grupo bastante nutrido, con persoas e empresas moi involucradas e activas, que fan actividades durante todo o ano.

E sí, comunidade Drupal galega está bastante dispersa, uns están o norte-norte e outros estamos no sur-sur, máis polo medio non parece haber moito movemento. Por iso pensaba en grupos como O Zulo é Galpon, coa súa experiencia en temas adminstrativos, patrocionios, emplazamentos...

A miña idea era un pouco o que dí Vantivati, de ir collendo forma e preparándoa. Se non é este ano, pois xa deixamos preparado algo para o seguinte. O mesmo tempo nos imos unindo e forxando como grupo.

O do evento a nivel galego está ben é pode ser unha alternativa, e tamén un primer paso. A min no se me ocurre o formato (¿canta xente seriamos?) Por iso o de organizar un evento a nivel estatal que vai traer uns centos de persoas.

+1 por falar disto na Noite Drupal ¿xa temos fecha?

Un sáudo

Xacobe M. Arostegui
www.xacobe.net

Go!

apermuy's picture

Ola!
As datas para a III Noite Drupal aínda están no aire. Tentarei falar esta semana coa xente de Inestable para ir concretando. En relación a todo o comentado, pouco que engadir. Confirmo o interese tanto persoal como de OZulo por tratar estos temas na III Noite.

Saúdos!

Galiza Drupal Group

Group organizers

Group categories

Etiquetas

Group notifications

This group offers an RSS feed. Or subscribe to these personalized, sitewide feeds: