Posted by apermuy on October 26, 2011 at 8:27am
Ola!
Acabo de contactar coa xente de Inestable. Confirman que en Decembro teremos versión 3 da "Noite Drupal & GNU/Linux". Deixo aberto este fío para tratar os temas relacionados co evento.
Saúdos.

Comments
Xenial!, dende a última noite
Xenial!, dende a última noite Drupal (que foi a minha primeira) que estou esperando a terceira. O dito, non tardarei un segundo en apuntarme.
Bromas aparte.
Non sei se é posible ou forma parte da estratexia do evento, pero quizáis estaría ben abrir unha choiva de ideas sobre o proxecto a tratar e facer unha enquisa a través do poll. Sería máis aberto e participativo.
Un saúdo e grazas de antemano os organizadores.
Xacobe M.
www.xacobe.net
www.xacobe.net
Confirmación III Noite Drupal & GNU/Linux
Ola! É un pracer confirmar a III Noite Drupal & GNU/Linux en Ordes o día 9 de Decembro de 2011, de 22.30 a 05:30.
Tedes máis información nos sitios web dos GUL organizadores:
http://inestable.org
http://comunidadeozulo.org
http://galpon.org
http://www.ociorum.org
Saúdos.
Lista de correo Drupal Galicia
Boas
Despois da III Noite Drupal xurdiu a lista de correo drupal_gl@googlegroups.com onde xa se está a falar sobre módulos , tutoriais , etc...
Estades todos invitados a participar!
Saúdos