Vota por Drupal
Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.
Drupal acadou, con bo criterio dende logo, un posto finalista na categoría de "Blogues, contido web e ferramentas de deseño". Se ben non é moi lóxico competir con productos coma Adobe Flash ou Google Analytics, aí está Drupal entre os 25 finalistas (eu penso que estará entre os 10 primeiros sen moito problema).

Grazas a todos
Temos conseguido estar entre os 100 primeiros, á altura de Wordpress, Adobe Flash ou Google Analytics. Drupal meréceo sen dúbida :-)