O día de 3 de xullo liberouse a revisión do idioma galego para Drupal 5.1

Logo duns problemas no CVS no que a xeneración do pacote coa lingua galega para Drupal estaba trabado, conseguíuse arranxar para que xenerara a distribución 5.x-1.x-dev-20070703 que pode descargarse da páxina do proxecto.

Agora queda ir ampliando o traballo de traducción ós módulos de contribución e aportar melloras ou subsanar os posibles erros da versión head.

Moitas gracias a Sergio Caridad e Paco Diéguez pola súa laboura no CVS e na traducción :)

Login to post comments