O sábado día 6 de outubro, as 19:00 na Cova dos Ratos (rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto plazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.
Unha galponada é unha reunión, máis ou menos formal, organizada pola asociación GALPon onde un dos socios expón algún tema relacionado co mundo do software libre, coa idea de compartir coñecemento. O ambente da miniconferencia é cordial xa que os que asistimos relacionámonos como membros da asociación, pero pode asistir calquera: non cobramos entrada :-)
Os puntos a tratar na galponada "Introducción a Drupal" son:
- Introducción ó CMS Drupal: Que é o software de xestión de contidos na web e Drupal. Comunidade e software libre.
- Instalación: Requisitos e descarga de Drupal. Configuración básica e posta en marcha.
- Configuración xeneral: Estructura do portal. Información do sitio. Plantillas de diseño precargadas.
- Traducción da interfaz: Idiomas para a interfaz. Descarga e instalación de idiomas. Xestión de cadenas.
- Usuarios e roles: Creación de usuarios. Administrador, identificados e anónimos. Roles e control de acceso.
- Navegación: Menús, rutas e enlaces. Control de bloques e opcións de menú.
- Contido: Concepto de nodo de información. Páxina estática. Nova. Formatos de entrada.
- Expandindo funcionalidade: Módulos de sistema. Descarga e instalación de módulos extra.
- A comunidade Drupal: Módulos e plantillas desenvolvidos pola comunidade. Soporte na rede. Documentación.
Máis información en http://www.galpon.org/drupal/node/111.
