Tradución ao galego do módulo Ubercart
Posted by Atobar on August 31, 2011 at 8:48pm
Ola, son novo aquí e teño a intención de traducir ao galego o módulo Ubercart.
Vexo nesta páxina
http://localize.drupal.org/translate/languages/gl
que é necesario que alguén supervise as traducións, mais non parece que haxa moito movemento por alí, segundo as conversas habidas; a última data de hai case un ano.
Unicamente necesito saber, antes de poñerme co choio, que alguén o vai supervisar, se for necesario.
Un saúdo e graciñas.
Alejandro Tobar (Atobar)