Este é o grupo Galiza. Un grupo de Drupal pensado para falar de tódalas cousas que se nos ocorran, principalmente para dar a coñecer e mellora-lo noso CMS favorito dende Galiza.
Un dos nosos obxectivos é manter a localización do Drupal na nosa lingua galega (gl). Trataremos con glosarios lingüisticos e ferramentas para acadar do mellor xeito que o galego esté ben presente no Drupal.
Tamén daremos soporte en galego e/ou localizado en Galiza. Así que sexa benvida a xente que faga consultas ou saiba resolvelas (subscripción aberta).
Esperamos acadar moitos suscriptores a este grupo e traballar nel. Unha aperta :-)
This the Galiza group. A Drupal group intented to speak about everything that we can think of, principally to present and improve our favorite CMS from Galiza.
One of our objectives is to maintain a localization of Drupal in our Galician language (gl). We will work with linguistic glossaries and tools to obtain the best way of how Galician can be present in the Drupal.
We will also give support in Galician and/or localized in Galiza. So welcomed are people who ask questions or can answer them (open subscription).
We hope to obtain many subscribers to this group and participate in it. Cheers :-)
Vota por Drupal
Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.
Read moreDirectorio de sitios Drupal en galego
Aquí temos un directorio de sitios na rede que usan Drupal e están en lingua galega. A idea é facer un catálogo para ter referencias de cómo están traducidos ou como enfocan a traducción.
A condición común que teñen todos os que aparecen e que, coma mínimo, teñen disponible a interfaz en galego. Se sabes dalgún que non estea no listado, por favor, mándanolo por email e actualizaremos este directorio para a súa incorporación.
Read moreDescarga do idioma galego para Drupal 5.x
[nota: actualizado coa versión oficial, unha vez resoltos os problemas do CVS]
Namentres Sergio Caridad investiga porque a producción dos arquivos dende o CVS non quere xenerar o arquivo de traducción de galego, poñemos a disposición o arquivo gl.tar.gz para descarga (gl-5.1-070501).
Read more- « first
- ‹ previous
- 1
- 2
- 3
- 4
